Escola.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Anuncios Publicitarios

Humor:



Este spot publicitario é sobre unha pasta de dentes, utilizando no comezo o recurso do sexo e finalmente o do humor.
O anuncio está situado nunha luxosa casa ó lado do mar e un home desliza un xeo polo corpo dunha moza semi-espida, a cal ó chegar ós dentes (ao telos sensíbeis) dálle un calafrío e desafortunadamente para o home, o cal tiña as pernas abertas entre unha das pernas da moza, esta dálle un golpe nos seus xenitais.
Podería ser emitido a calquera hora do día, ten unha duración de 40s e ten unha música suxerinte que intensifica o recurso do sexo.

Impacto:



Este anuncio é da AFAL (Asociación para as familias con Alzheimer). Ten unha duración bastante extensa de 1min 25s e a escea transcorre na súa totalidade na rúa, sendo unha especie de cámara oculta na cal unha muller saúda a varios supostos viandantes sen coñecemento de nada e lle pregunta si non a coñecen insistindo brevemente e tras isto dálles unha tarxeta na que pon: “Así se siente una persona con alzheimer . Ayúdanos a vencerlo.” Tras darlla a muller marcha e os viandantes quedan sorprendidos delo.
Este anuncio sería emitido a calquera hora do día, e a música non inflúe demasiado aínda que si axuda a darlle un pequeno dinamismo nas escenas nas que non se fala.

Sexo:



Esta curta publicitaria anuncia unha colonia coa súa versión para home e para muller chamada “Light Blue” e a cal se emitía en franxas horarias de máxima audiencia xa que este producto está dirixido a público xoven, o cal ve a televisión maioritariamente nesas franxas horarias.
O anuncio transcorre nun limitado tempo de 20s, o cal é máis que suficiente. Transcorre nunha balsa no medio de un idílico océano azul, e dentro desta un mozo e unha moza semi-espidos e facendo uso do recurso do sexo como única estratexia comercial. O ritmo dos planos vai en aumento coa música ata chegar a un momento no que se bican (punto de xiro do anuncio) e a música de fondo pasa a estar máis alta e rematando cunha voz en off (sendo o único momento de todo o anuncio no que se di algo) que di o nome do produto e a marca e visualizando os dous frascos de colonia (o de home e o de muller) cunha vista aérea da balsa de fondo.
O produto vai dirixido a unha poboación máis ou menos xoves, dun poder adquisitivo moderado, aínda que este é un suposto xa que non se di o prezo en todo o anuncio. O anuncio non transmite ningún valor.
Como conclusión poderíamos extraer, supostamente, que a colonia en certo modo podería facer que te pareceses ós estereotipos de home e muller fisicamente belas representados polos modelos do spot, aínda que sexa totalmente imposible e irreal.